O 23 de maio de 2025, celebramos con moita emoción o acto de graduación das titulacións da nosa querida Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Máis de 80 estudantes despedíronse dunha etapa inesquecible no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico.